Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antonio Xosé Valín, novo bispo da diocese de Tui-Vigo

Antonio Xosé Valín, novo bispo da diocese de Tui-Vigo

O sacerdote ribadense, vigairo xeral de Mondoñedo-Ferrol, substitúe a Luís Quinteiro Fiuza, que levaba no cargo desde 2010

Antonio Xosé Valín Valdés, novo bispo de Tui-Vigo Antonio Xosé Valín Valdés, novo bispo de Tui-Vigo
G24.gal 25/05/2024 13:05

O papa Francisco nomeou bispo de Tui-Vigo o sacerdote Antonio Xosé Valín Valdés, na actualidade vigairo xeral da diocese de Mondoñedo-Ferrol, segundo informou este sábado a Nunciatura Apostólica á Conferencia Episcopal Española.

O novo bispo electo de Tui-Vigo, que sucede a Luis Quinteiro Fiuza, bispo desde 2010, naceu en Ribadeo o 24 de febreiro de 1968 e en outubro de 1986 ingresou no Teologado diocesano en Santiago de Compostela, realizando os seus estudos no Instituto Teolóxico Compostelán de 1986 a 1992.

Quinteiro Fiuzo presentou a finais de xuño de 2022 a súa renuncia tras cumprir os 75 anos, como manda o Dereito Canónico.

Ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo o 14 de marzo de 1993, Antonio Valín é Bacharelato en Teoloxía e Máster en Comunicación Cristiá. Entre os numerosos cargos que desenvolveu ata o de agora están o de formador e profesor do seminario de Mondoñedo (1992-1999); párroco de San Sadurniño e outras (1999); delegado diocesano de Pastoral Vocacional (2002); ou director espiritual do seminario maior (2006).

Tamén foi profesor da Escola Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín e da Escola Diocesana de Teoloxía, ademais de membro da delegación de Pastoral Vocacional e do COV de Viveiro.

Na actualidade é párroco in solidum e moderador da UPA de Foz, desde 2019, e vigairo xeral e moderador da Curia, desde 2021. É cóengo da catedral de Mondoñedo, desde 2018. Tamén é o consiliario do “Colectivo Campamento Diocesano”, desde 2003.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar