Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo: "É unha gozada cando Riazor empeza a empuxar"

Antonio Hidalgo: "É unha gozada cando Riazor empeza a empuxar"

O adestrador branco e azul tamén fala "de paso adiante con balón que, sobre todo na primeira parte, estivemos moi finos"

G24.gal 01/04/2026 12:04 Última actualización 01/04/2026 12:10

Tras a vitoria ante o Córdoba, Antonio Hidalgo destacou o apoio "dos vinte e cinco mil e pico espectadores que viñeron. É unha gozada cando Riazor empeza a empuxar, cando empeza a vivilo. Necesitámolos o sábado, un partido contra un rival directo", en referencia ao choque ante o Málaga C. F. ás 18:30. 

O técnico deportivista mostrouse "convencido que o sábado o estadio estará cheo, empuxará como hoxe (por onte). É unha pasada ver ao estadio nese momento, nesa éxtase que está agora. Empúxanos moitísimo sobre todo cando o Córdoba C. F. empuxounos na segunda parte".

En resposta ás palabras de Iván Ania, técnico cordobesista, que afirmou sobre o Dépor que é capaz de xogar como un equipo grande pero tamén ten a capacidade de xuntarse e de xogar como un equipo pequeno, Antonio Hidalgo advirte.

"Hoxe en día tes que ser capaces de controlar as diferentes facetas. Hai momentos que tes que atacar, momentos que tes que defender, hai que aceptar que rivais como o Córdoba C. F. métenche moitísima xente dentro da área e o que estamos a ver é que o xogador do Dépor está entregado a iso. Sabe que hai que xuntarse, defender iso".

O adestrador branco e azul tamén fala "de paso adiante con balón que, sobre todo na primeira parte, estivemos moi finos".

Finalmente Antonio Hidalgo, máis que a situación na clasificación, subliña que "o máis importante é sumar de 3, ir sumando os puntos necesarios para seguir loitando na parte alta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade