Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo: "A paixón que se vive na Coruña supera a realidade da que me falaran"

Antonio Hidalgo: "A paixón que se vive na Coruña supera a realidade da que me falaran"

O adestrador lembrou na última rolda de prensa da tempada os dous momentos máis importantes: "A derrota contra o Granada uniu o grupo e o recibimento contra o Zaragoza deunos un gran pulo"

G24.gal 29/05/2026 10:28

Antonio Hidalgo ofreceu a súa última conferencia de prensa previa a un partido da temporada. Co obxectivo cumprido, o adestrador aproveitou para facer un balance da temporada. Logo dunha semana de fortes emocións confesou que "a paixón que se vive na Coruña supera a realidade da que me falaran". 

Tamén quixo lembrar Hidalgo os momentos clave da temporada. Dentro do vestiario houbo dous intres que fortaleceron o grupo: "A derrota contra o Granada marca un antes e un despois e tamén a lesión de David Mella que uniu moito o grupo". O técnico considera fundamental o papel da afección. "O recibimento diante do Zaragoza deunos un gran pulo, a partir dese día equipo e afección demostraron a forza desa unión", confesou.

Para o partido contra As Palmas (sábado, 18:30 na Televisión de Galicia) está en xogo o primeiro posto en loita co Rácing de Santander. O Deportivo precisa gañar e que perda o Rácing. Tamén pon moito enriba da mesa o cadro canario que tentará manter o posto de fase de ascenso que ocupa nestes intres. 

Hidalgo quixo lembrarse de todos os xogadores que non van continuar porque algún deles como Cristian Herrera xa se despediu en redes sociais. O adestrador loou o compromiso e a entrega que tiveran durante toda a tempada malia que moitos deles non puideron gozar de minutos no terreo de xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade