Cargando resultados...
Antía Chamosa: "Soño cos xogos olímpicos de París"
A atleta compite no Campionato de Europa por primeira vez e xogou Ao contraataque para analizar a súa participación na cita de Múnic
G24.gal
02/08/2022 23:41
Antía Chamosa pasouse polos micrófonos da Radio Galega para valorar a súa primeira participación nun Campionato de Europa, que será en Múnic en quince días.
A atleta analizou como se adestrou estas semanas previas e afirmou estar moi leda e soñando coa cita olímpica de París 2024.