Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángel Rodríguez non segue no Pontevedra e asina polo Hércules

Ángel Rodríguez non segue no Pontevedra e asina polo Hércules

G24.gal 22/06/2022 08:48

Ángel Rodríguez non será o adestrador do Pontevedra na Primeira Federación. Despois de ascender o cadro pontevedrés non houbo acordo entre técnico e directiva e o leonés acabou aceptando a oferta doutro equipo poderoso da Segunda Federación, o Hércules. É o home elixido polo novo secretario técnico alacantino Paco Peña cun obxectivo compartido co Pontevedra a temporada anterior: o ascenso de categoría. 

Ángel Rodríguez desenvolveu o seu traballo durante moitas temporadas da man de Paco Herrera. En Vigo foi onde tivo contacto con Toni Otero, que non dubidou en apostar por el a temporada pasada cando colleu o mando das operacións do equipo pontevedrés. Viña de facer unha boa temporada co Langreo, e no Pontevedra conseguiu o reto que lle marcou a entidade granate. Logo dunha pelexa intensa co Unión Adarve, acabou na primeira posición do Grupo I da 2.ª RFEF e esta temporada xogará canda o Deportivo, o Rácing e o Celta B na 1.ª RFEF. 

Agora haberá que estar atentos ao Pontevedra porque se agarda que nos vindeiros días anuncie o novo adestrador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade