Ángel Cerviño: "Hai que superar o discurso memorialístico sobre Monroy e pór a súa obra en valor"
A mostra, que inclúe obras inéditas, coincide co corenta aniversario do falecemento de Monroy
Con Huete, Patiño e Lamas, Guillermo Monroy foi dos un creadores do movemento artístico Atlántica
A mostra inclúe como actividades paralelas mesas redondas sobre o artista e unha publicación.
Hai corenta anos falecía nun accidente Guillermo Monroy, un dos artistas máis prometedores da xeración Atlántica. Pintou soamente dez anos, dos 18 aos 28, pero a súa influencia nos seus coetáneos é indiscutible. Son cores vibrantes e formas abstractas que celebran a enerxía vital dos 80.
As pinturas de Guillermo Monroy son toda unha declaración dos principios que se vivían na xeración Atlántica. Incluso se di que este movemento artístico naceu no estudio do pintor, no barrio de Navia. Parte deste universo Monroy, podemos velo no espazo Sirvent de Vigo co comisariado de Ángel Cerviño.