Andalucía acollerá os Grammy Latinos 2023; é a primeira vez que se celebran fóra dos EUA
Aínda non se coñece cal será a cidade escollida, pero todo apunta a Sevilla como o espazo "mellor colocado"

Os Premios Grammy 2023 celebraranse no mes de novembro en Andalucía. Esta é a primeira vez que o evento sae fóra dos EUA, dende que comezaron a outorgarse no ano 1959.
O presidente da Junta, Juanma Moreno, fixo o anuncio durante esta mañá. Aínda que non desvelou cal será a cidade que acolla a gala, apuntou a Sevilla como "a mellor colocada", á espera da decisión definitiva dos organizadores.
"Persoalmente, creo que Sevilla reúne requisitos de sobra polo seu vínculo moi estreito co mundo latino e por estar moi acostumada a organizar grandes eventos", destacou Moreno.
Tamén o alcalde de Sevilla, Antonio Muñoz, mostrou en Twitter o seu interese por acoller esta cerimonia na cidade, pero aclarou que "non está cerrado" que o lugar escollido sexa a capital andaluza.
Tras dos ediciones de los @PremiosGoya, los MTV Europe Music Awards, el gran desfile de @Dior… 🟡 Hemos demostrado que #Sevilla está preparada para acoger grandes eventos a nivel internacional. ¡Y seguimos!
— Antonio Muñoz (@antoniomunozsev) February 22, 2023
Próximo objetivo ▶️ Los Premios Grammy Latinos. pic.twitter.com/986sXLy7PN
A capital hispalense conta con experiencia neste tipo de eventos, pois xa acolleu outras entregas de premios internacionais. Os MTV EMA en 2019, a dos Premios Laureus do deporte en 2022 ou a gala dos Premios Goya do cine español celebrada o pasado 11 de febreiro.