Ancelotti defende a Vinicius: "É un problema do fútbol español"
O mércores o Real Madrid comeza o Mundial de Clubs co dianteiro brasileiro no ollo do furacán
O mércores entra en acción o Real Madrid no Mundial de Clubs. Xoga a súa semifinal ante o Al Ahly exipcio, o subcampión da Champions africana.
Os brancos contan con seis baixas para o partido: Courtois, Benzema, Militão, Mendy, Lucas Vázquez e Hazard. En Marrocos, buscarán conquistar o seu oitavo título nesta competición ante o actual subcampión da Champions africana.
En sala de prensa, na previa do partido, o foco das preguntas a Ancelotti foi de novo Vinícius: "El ten que defenderse. O problema é o que acontece derredor de Vinícius, non é Vinícius. É un problema do fútbol español", manifestou Ancelotti referíndose ao racismo que hai nos campos da Liga.