Ana Pontón garante que o BNG será "aliado" do sector lácteo se preside a Xunta
A líder do BNG visitou a cooperativa CLUN dentro da súa axenda de contactos cos principais sectores económicos de Galicia
A líder do BNG visitou a cooperativa CLUN dentro da súa axenda de contactos cos principais sectores económicos de Galicia.
Ana Pontón dixo que a fabricante de Feiraco e Clesa, entre outras marcas, é unha das referencias do sector lácteo galego. Na súa visita destacou a potencialidade do medio rural, que definiu como estratéxico para o futuro de Galicia, e asegurou que, se alcanza a presidencia da Xunta, priorizará as demandas do sector".
No BNG temos claro que o sector leiteiro é estratéxico para o futuro de Galiza. Para o futuro non só do medio rural, senón do futuro país. E o goberno que eu aspiro a presidir quere ter un compromiso claro co noso medio rural e quere ser un aliado do sector lácteo", prometeu Pontón.