Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Miranda pide no Parlamento Europeo aumentar a presión internacional sobre Israel para alcanzar un cesamento do fogo en Gaza

Ana Miranda pide no Parlamento Europeo aumentar a presión internacional sobre Israel para alcanzar un cesamento do fogo en Gaza

A eurodeputada do BNG, que visitou Rafah hai uns días, denuncia o bloqueo de alimentos e medicinas

G24.gal 27/02/2024 21:21 Última actualización 27/02/2024 21:33

A eurodeputada do BNG Ana Miranda pediu ante o Parlamento Europeo aumentar a presión internacional sobre Israel para alcanzar un alto ao fogo na Franxa de Gaza.

Tras visitar Rafah a pasada fin de semana, denuncia o bloqueo de alimentos e medicinas e asegura que se está cometendo un xenocidio contra a poboación palestina.

"Non me quedan palabras tras visitar o hospital palestino de Jan Yunis. Todos os interlocutores con que falamos din que hai un risco inminente de colapso pola falta de axuda humanitaria", asegurou Ana Miranda no pleno do Parlamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade