Ana Díaz, a artista de ascendencia galega que triunfa nos escenarios europeos
Ana Díaz e unha artista de raíces galegas que mestura distintos estilos musicais
Explora nas músicas de diferentes culturas e escribe e canta en varios idiomas
Actuou por primeira vez en Galicia, no Festival MaioJazz da Coruña
Malia que naceu en Bruxelas, a artista que lles imos presentar ten raíces galegas, a dos seus avós. Criouse escoitando galego, castelán, francés e flamenco.
A súa cultura musical é tan ecléctica, que así o expresa tamén como artista. Mestura pop, rhythm and blues e moitos outros estilos.
O 15 de maio actuou por vez primeira en Galicia, no Festival MaioJazz da Coruña para presentar o seu último proxecto: 'Maloserá'. Foi no escenario do Teatro Colón onde amosou a súa versatilidade artística.
Como cantante e compositora, di que lle inspira a música atemporal e que quere seguir aprendendo e evolucionando mentres fai o que lle gusta, sen poñerse límites.
