Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos de bacharelato crean unha vivenda bioclimática

Alumnos de bacharelato crean unha vivenda bioclimática

Son estudantes de Ourense nun proxecto de eficiencia e sustentabilidade

A construción servirá como laboratorio para bioconstrución

G24.gal 21/03/2023 18:21 Última actualización 21/03/2023 19:54

Enerxía solar, cuberta vexetal, estrutura de madeira, orientación sur ou ladrillos feitos de cáñamo e lama. Son algúns dos rasgos deste módulo bioclimático integramente deseñado e parcialmente construído polos alumnos do instituto As Lagoas de Ourense. Un proxecto freado pola pandemia pero xa disposto para acoller máis experimentos en bioconstrución.

No proxecto participaron estudantes de diferentes ramas que traballaron en grupos reducidos nos distintos aspectos do proxecto. Dende a eficiencia enerxética ata a selección de materiais, o deseño innovador ou a parte artística. Tanto para os que están agora como para os que xa marcharon e os que virán, unha experiencia enriquecedora.

Os alumnos din que participar este proxecto tamén lles será de utilidade cando comencen a súa carreira profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos