Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allariz, Ourense e Oleiros, os tres concellos galegos con maior incidencia acumulada por coronavirus

Allariz, Ourense e Oleiros, os tres concellos galegos con maior incidencia acumulada por coronavirus

A incidencia acumulada en Allariz está xa en 346 por cada 100.000 habitantes

En Oleiros as probas diagnósticas detectaron dezanove positivos na última semana

G24.gal 14/11/2021 20:29

A incidencia acumulada estase a disparar no concello de Allariz. Segundo os datos facilitados polo Sergas, nos últimos sete días diagnosticáronse 22 contaxios novos e a incidencia acumulada está xa en 346 por cada cen mil habitantes. Nos últimos 14 días, houbo 30 casos novos diagnosticados neste concello. 

Os veciños do muncipio din que non lles sorprende esta situación, pero que si lles preocupan estes datos, que sitúan Allariz no concello galego coa maior incidencia acumulada.

O segundo concello con maior incidencia é o de Ourense con 70 casos por cada cen mil habitantes, e detrás estaría Oleiros, con algo máis de 50. Na última semana, as probas diagnósticas detectaron 19 positivos en coronavirus.

Algúns veciños de Oleiros din que moitos xa se están a relaxar nas medidas e outros amosan a súa preocupación, porque ademais ven preto o Nadal e temen unha nova vaga que lles impida pasar as festas en familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar