Amplíanse de novo os horarios co alivio nas restricións dende esta medianoite
As discotecas poden abrir esta noite ata as 5 da mañá
Mantense o certificado covid para acceder ao interior dos locais de hostalería
Hostalería e ocio nocturno recuperan este sábado os horarios que tiñan antes de fin de ano. Xa esta mesma noite as discotecas xa poderán abrir ata as 5 da mañá e bares e restaurantes ata a unha e media. Tamén se volven abrir as barras e regresan os concertos de pé. Nas mesas, máximo 8 persoas en interior e 15 en exterior.
Ademais, dende esta medianoite elimínase o toque de non recollida con non conviventes. Iso si, mantense a obriga de presentar o certificado covid para acceder ao interior dos locais de hostalería, ximnasios ou eventos multitudinarios. Esta mesma mañá o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autorizaba a prórroga desta medida.