Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda lembra a obriga de limpar os terreos arredor das vivendas

Alfonso Rueda lembra a obriga de limpar os terreos arredor das vivendas

Rueda e Feijóo visitaron  os centros de control de incendios en Chandrexa de Queixa e de Ourense para coñecer de primeira man a evolución do lume

En Ourense hai activos agora mesmo cinco grandes incendios

Rueda pon cifras á vaga de incendios: Galicia extingue entre 30 e 35 incendios diarios

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
G24.gal 13/08/2025 21:20 Última actualización 13/08/2025 21:52

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, coñeceron de primeira man a evolución dos lumes. O prioritario é protexer as vidas e tamén as vivendas.

Rueda insiste en que para isto é necesario manter limpos os terreos lindeiros: "Hai unha obriga de manter limpas as franxas pegadas ás vivendas. O gran problema destes incendios está sendo defender as vivendas e se están limpas arredor é máis sinxelo".

Nos próximos días as condicións meteorolóxicas van seguir sendo complicadas. O presidente Rueda pídelle aos veciños das zonas afectadas que sigan as indicacións dos equipos de extinción. 

Alfonso Rueda agradece o esforzo de todos os que participan na loita contra os lumes. Dende que comezou agosto houbo que extinguir en Galicia 250 incendios máis que no mesmo período do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade