A Xunta recalca que o virus segue circulando tras a aparición de casos da variante delta plus
Os casos de delta plus detectados indican que a pandemia non pasou e hai que manter as precaucións sanitarias, segundo o vicepresidente da Xunta
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, desde Sobrado dos Monxes, onde estivo percorrendo o Camiño do Norte, insistiu en que hai que manter a prudencia porque a covid segue circulando. Referiuse aos tres casos detectados en Oleiros da variante delta plus, que cada vez gaña máis presenza.
"Hai tres casos e é una evidencia de que non estamos libres de contaxios e polo tanto hai que continuar coas vacinacións que se pauten e hai que continuar gardando as normas sanitarias, que son mínimas e que todos coñecemos. Recuperamos capacidade nos locais, poder estar en grupo e moitas cousas que tiñamos ganas de recuperar pero non podemos esquecer que non se pode baixar a garda totalmente nin moito menos."