O Coruxo suma a súa terceira derrota consecutiva e aproxímase aos postos de descenso (0-1)
O Coruxo intentouno durante todo o encontro, pero non logrou anotar o tanto que puxera as táboas no marcador
Alex Caramelo dálle a vitoria a un C. D. Guijuelo, que se aferra aos postos de play-off e sitúase a 4 puntos da cabeza
O C. D. Guijuelo imponse no Vao por 0-1 ante un Coruxo que suma xa tres derrotas consecutiva. Álex Caramelo foi o autor do gol visitante e aproxima ao seu equipo á cabeza da competición. Catro son, unicamente, os puntos que os separan do Arenteiro, que volveu sumar de tres nesta xornada 13.
Á alegría dos visitantes, úneselle o descontento dos locais, xa que suman tres derrotas consecutivas. Aproxímanse, desta maneira, aos temidos postos de descenso e soamente os separa un punto.
O Coruxo gozou de múltiples ocasións, mais non lograron introducir o balón na portería defendida por Johan. Os do Vao mostraban publicamente o seu descontento e aseguran que se senten "orgullosos" do esforzo que fixeron os seus xogadores.
Cuando un equipo atraviesa una etapa negativa, pero que a pesar de ello lucha y lo da todo, pues nada se le puede reprochar. Yoy tuvimos quince ocasiones par poder marcar, quien lo dude que mire el partido. Hoy nos sentimos orgullosos de nuestros jugadores por su lucha incansable
— Coruxo FC ⚒️ (@CoruxoFCoficial) December 4, 2022