Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex Bergantiños deixa o fútbol e incorpórase á estrutura técnica do Deportivo

Álex Bergantiños deixa o fútbol e incorpórase á estrutura técnica do Deportivo

Xogará o seu derradeiro partido coa camisola deportivista no Teresa Herrera

Debutou co primeiro equipo en 2011 e está no Top10 de xogadores con máis partidos na centenaria historia do club coruñés

G24.gal 26/06/2023 20:43

Álex Bergantiños, capitán do Deportivo nas últimas temporadas, pendurará as botas no vindeiro Teresa Herrera. Será o derradeiro servizo a un club ao que chegou en idade xuvenil e no que estivo durante as últimas dúas décadas. 

Bergantiños exemplifica a entrega a un equipo de fútbol. Estivo nas boas e nas malas. Malia debutar con 26 no primeiro equipo conseguiu entrar no Top10 de xogadores da entidade con máis partidos. 92 en Primeira, 152 en Segunda A e 74 en Segunda B ou Primeira Federación. Tamén xogou 11 en Copa e 7 en fases de ascenso. En total, 336 partidos coa camisola branca e azul. 

Tamén é un dos xogadores con máis partidos na historia do Fabril, onde comezou despois de deixar o equipo xuvenil. Pasou por cesións ao Xerez, Granada, Ximnástico de Tarragona e Sporting de Xixón, onde demostrou a mesma entrega que no equipo coruñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos