Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta ante a ameaza dunha triplademia de gripe, covid e bronquiolite

Alerta ante a ameaza dunha triplademia de gripe, covid e bronquiolite

Os epidemiólogos advirten de que a pandemia non acabou e non descartan novas variantes

Preocupación polo aumento de bronquiolite, especialmente en menores de catro anos

G24.gal 04/12/2022 13:27 Última actualización 04/12/2022 14:00

Este inverno, sen restricións nin máscaras, os virus respiratorios volveron con forza. O persoal experto alerta sobre unha posible triplademia en que conflúan unha epidemia de gripe, da covid e de bronquiolite.

O epidemiólogo e exdirectivo da OMS Daniel López Acuña non descarta novas variantes da covid, máis letais. Reclama recuperar as máscaras en interiores e acelerar o ritmo de vacinación contra estes virus.

"Non pensemos que isto acabou. A pesar dos avances e de que estamos camiñando na boa dirección cara á fin da fase de emerxencia e máis crítica, a pandemia non acabou".

López Acuña explica que hai erros no acceso ás vacinas e nas estratexias de vixilancia, cun descenso considerable de probas diagnósticas. 

Lembra que a cuarta dose a penas chegou ao 45 % de maiores de 60 anos e ao 65 % de maiores de 80, e a incidencia en España, con 180 casos por cada 100.000 habitantes, non é o suficientemente baixa como para relaxar as medidas de protección.

Volver usar máscara

Este epidemiólogo opina que sería positivo volver utilizar máscaras nos exteriores masificados e en interiores mal ventilados, ademais de acelerar a vacinación.

"Hai que ter en conta que estamos enfrontando unha situación de solapamento de infeccións respiratorias agudas da chamada triplademia, onde estamos vendo un incremento notable dos casos de virus respiratorios sincitial, de gripe estacional e da covid-19 simultaneamente".

Preocupa especialmente o gromo de bronquiolite debido ao virus respiratorio sincitial. Segundo o último informe da rede de vixilancia epidemiolóxica, a incidencia roza os 800 casos por cada 100.000 habitantes, e os máis prexudicados son os cativos menores de catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade