Alejandro Menéndez: "Nunca tal me pasara"
O Rácing podería consumar o seu descenso esta fin de semana
Recibe na Malata ao Eldense, que pelexa pola salvación
Os ferroláns son o equipo menos goleador da categoría
O Rácing de Ferrol volve á Malata para recibir o Eldense coa ameaza do descenso máis presente ca nunca. Unha derrota na casa podería condenar aos verdes de forma matemática á 1ª RFEF. En fronte estará un equipo que marca xustamente a fronteira coa salvación e que virá a Ferrol buscando apurar as súas opcións de permanencia.
Alejandro Menéndez non poderá contar con Rober Correa nin con Luis Perea pero Yoel podería recuperar o seu lugar entre os tres paus.
O técnico ferrolán recoñece os problemas de efectividade do seu equipo. O Rácing é o conxunto menos goleador da categoría. Só marcou 18 tantos en 35 xornadas. Menéndez asegura que "nunca tal lle pasara" e sinala que despois de pasar dous adestradores polo banco da Malata "pouco máis se pode facer" para solucionar o problema