Cargando resultados...
Alcaraz tomba a Fritz e achégase a terminar o ano como número un
Derrotou o estadounidense cunha remonta (6-7(2), 7-5 e 6-3) na segunda xornada da fase de grupos do Finais ATP de Turín
Foto EFE
G24.gal
11/11/2025 17:19
Última actualización 11/11/2025 17:24
O español Carlos Alcaraz tombou este martes o estadounidense Taylor Fritz cunha remonta (6-7(2), 7-5 e 6-3) na segunda xornada da fase de grupos do Finais ATP de Turín, torneo en que xa roza as semifinais e terminar o ano como número uno.
Desfixo a consistencia do americano. Fundiu a súa batería e creceu na adversidade. Soubo xestionar a derrota no primeiro set e acabou superando a proba máis esixente no que vai de torneo. As semifinais, a un paso.