Cargando resultados...
Alcaraz acada o seu pase ás semifinais de Queen's
O murciano logrou remontar un 0-3 no segundo set ante Dimitrov
Nas semifinais espera o estadounidense Korda
G24.gal
24/06/2023 09:50
Alcaraz demostrou unha vez máis o seu enorme nivel en Queen's e derrotou a Dimitrov, todo un excampión do torneo en 2014, por un sólido 6-4 e 6-4.
O do Palmar soubo reporse ao complexo inicio da competición na que sufriu para derrotar a Rinderknech na primeira rolda e xa está totalmente adaptado á herba.
Agarda o estadounidense Sebastian Korda, outra gran promesa do tenis á que se mediu Alcaraz en tres ocasións e á que venceu en dous deses encontros. A semifinal terá lugar ás 15:30.