Cargando resultados...
Alberto Rodríguez non lle pon límites ao Lugo: "Nunca se pode deixar de soñar"
G24.gal
15/03/2022 22:19
O Lugo ten unha posición tranquila na táboa, están no posto número doce e cunha boa marxe sobre os postos de descenso. O obxectivo da permanencia está aí, moi preto.
O sábado recibe o Oviedo, que, aínda que só lle saca catro puntos, marcha sétimo. Boa oportunidade de rascar algo que lles permita soñar con outras cousas que non sexan só manter a categoría. "Soñar é de balde", di Alberto Rodríguez.