Alayeto e Nathan analizan o empate do Rácing en Badaxoz
Os xogadores do conxunto departamental atenderon ao Galicia en Goles na zona mixta do Nuevo Vivero

Tras ir perdendo gran parte do encontro, o Rácing de Ferrol foi quen de rabuñar un empate a un gol e sumar un punto que lle permita rachar a xeira de dúas derrotas consecutivas. Tras rematar o encontro dous futbolistas do conxunto verde, Iñigo Alayeto e Nathan Palafoz atenderon á Radio Galega. Alayeto analizou o empate conseguido.
"Foi un punto traballado e importante que nos permite puntuar lonxe da casa e facelo bo o seguinte encontro na Malata. O ambiente influíu, na mañá que apertan, atoparon o gol moi cedo. Na 2ª parte saímos con outra mentalidade e soubemos repoñer. Sempre que se suma fóra da casa é importante"
Pola súa banda o dianteiro brasileiro Nathan, que entrou no segundo tempo, tamén quixo dar a súa visión do partido ante o Badaxoz.
"Contento co partido, hai que traballar moito para mellorar. Custounos entrar no partido pero logo xeramos moitas cousas boas pero hai que pensar no domingo para conseguir a vitoria"