Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aidoo, fóra da lista do Celta para a liga Europea

Aidoo, fóra da lista do Celta para a liga Europea

O central africano é un dos catro futbolistas celestes que aínda non entraron nunha convocatoria de Liga

G24.gal 03/09/2025 16:51 Última actualización 03/09/2025 16:59

O defensa internacional ghanés Joseph Aidoo é o único futbolista do primeiro equipo do Celta que non foi incluído polo técnico Claudio Giráldez na lista facilitada polo club á UEFA para participar na liga Europea 2025-26. O central africano é un dos catro futbolistas celestes que aínda non entraron nunha convocatoria de Liga -os outros tres son o extremo Franco Cervi, o porteiro Marc Vidal e o lesionado Carl Starfelt-.

Aidoo chegou a Balaídos no verán de 2019 procedente do Genk belga e en febreiro de 2022 ampliou o seu contrato co club vigués ata xuño de 2026, despois de converterse nunha peza indiscutible do once inicial: xogou 32 partidos ligueiros no curso 2021-22 e tres máis na seguinte.

En outubro de 2023 sufriu unha rotura do tendón de Aquiles durante un partido coa súa selección nacional contra México. Tras un longo período de recuperación, a principios de xullo do pasado ano recibiu a alta médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade