Cargando resultados...
Agricultores e gandeiros piden un plan de choque contra a suba dos prezos
Din que non poden cubrir os custos de produción, e están vendendo a perdas
G24.gal
05/07/2022 16:34
Agricultores e gandeiros maniféstanse en Ourense para pedir solucións ao Goberno. Quéixanse de que os custos de produción subiron tanto que están vendendo a perdas.
Os pensos encareceron o dobre, o gasóleo está disparado e moitos triplicaron os gastos en luz.
Por iso o obxectivo da protesta céntrase hoxe en reclamarlle ao Goberno un plan de choque contra o aumento dos prezos, que non lles está permitindo cubrir os custos de produción. Piden que se garanta un prezo mínimo, levan anos vendendo a perdas e advirten de que, se non se toman medidas xa, moitos terán que deixar de traballar no campo.