Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aglomeracións nos centros das cidades pola ponte

Aglomeracións nos centros das cidades pola ponte

A tendencia á alza dos contaxios non está amedrentando á xente e volven verse aglomeracións nas cidades durante esta ponte festiva

Aglomeracións nos centros das grandes cidades
G24.gal 06/12/2021 14:18

A tendencia á alza dos contaxios non está amedrentando á xente e volven verse aglomeracións nas cidades durante esta ponte festiva. Comezaron as compras de Nadal e os comercios abertos atraeron multitudes que fixeron imposible en moitos casos respectar as distancias de seguridade nos centros das grandes urbes. 

Nas primeiras horas desta ponte, xa durante a fin de semana, as rúas das cidades volveron encherse coma en tempos prepandemia. Este era o aspecto do centro de Madrid onte á noite. Moita xente, algúns sen máscara e moi pouca distancia social.

Para aliviar o fluxo de xente, establecéronse rúas unidireccionais que van continuar todo o Nadal. 
Desde a Comunidade de Madrid din que a evolución da pandemia é a propia destas datas e descartan, de momento, medidas. 

Atraídos polo bo tempo, moitos turistas elixiron Andalucía para pasar a ponte máis longa do ano. 
As rúas ateigadas e as ringleiras repetíronse en Sevilla, tamén en Córdoba, pero sobre todo en Málaga, abarrotada. Moita xente e pouca máscara. 

Moito turista tamén nas cidades costeiras, coma Alacante, para aproveitar os case vinte graos. 
As autoridades sanitarias insisten en que o comportamento individual e colectivo durante esta ponte determinará como será o Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade