África González, inmunóloga da Uvigo, avoga pola revacinación "personalizada"
Considera que non se debería poñer a cuarta dose de xeito indiscriminado
O proceso de vacinación está permitindo que esta sexta vaga da pandemia sexa menos grave. E aínda que os anticorpos das vacinas decaen pasado un tempo, a memoria celular do noso sistema inmunitario está presente na loita contra a enfermidade.
Segundo explica África González, catedrática de Inmunoloxía da Uvigo, a vacinación fronte á covid está permitindo que variantes como a ómicron sexan menos letais.
España acaba de aprobar a cuarta dose para persoas inmunodeprimidas mentres continúan poñéndose as de reforzo nos centros de vacinación. Con todo, non está claro que sexa necesario seguir revacinando a todo o mundo.
A inmunóloga da Uvigo avoga por agardar un tempo prudencial, coñecer os avances científicos e, a partir de aí, tomar decisións. Considera que o máis axeitado é "personalizar".
A ciencia xa está traballando nas vacinas do futuro, de vida longa e pensando nas próximas variantes. Os ensaios clínicos están sendo moi prometedores en países como os Estados Unidos e o Xapón, pero tamén en España.