Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afluencia masiva de público á Feira do libro antigo e de ocasión da Coruña

Afluencia masiva de público á Feira do libro antigo e de ocasión da Coruña

A Feira do libro antigo e de ocasión está instalada nos Xardíns de Méndez Núñez 

Unha gran oportunidade para descubrir curiosidades editoriais

G24.gal 15/08/2022 22:22

Volve un ano máis a Feira do libro antigo e de ocasión aos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Para os amantes da lectura en papel, unha oportunidade para descubrir curiosidades editorais:

"Gústame ler e gústame tamén ver que hai de segunda man porque sempre hai como cousas máis curiosas".

"O que non está publicado últimamente, que non se atopa ou algo raro".

"Eu xa merquei algo do que me gusta e a milla filla anda mergullando a ver se atopa algo do que busca, pero saír de aquí con algún libro".

Nas casetas, exemplares únicos como unha edición especial do Quixote, obras de arte e tamén pezas destinadas aos coleccionistas.

"Ese mapa da coroa de Castilla con Galicia e Asturias, a primeira edición de La Regenta e de Eduardo Pondal Queixumes dos Pinos", enumera Enrique Chirivella, da libraría Asilo del Libro.   

Tamén desperta interese entre o público o libro descatalogado que en moitas ocasións se converte en todo un desafío para quen anda na súa procura.

"Hai coleccións de libros que son moi difíciles de atopar porque cando as publicaron saíron poucos números, poucos exemplares, e hai moita xente que nos demanda este tipo de publicacións como este libro "El país del alma" de Nuria Amat", explica Marta Suárez, da libraría Cajón de Sastre.

Libros usados que aspiran volver ter unha nova vida e que se poden adquirir na feira a prezos moi asequibles."Agardo que atopemos familias para todos estes libros e que teñan outra vida", di Noelia Durán, da Libraría O Moucho. Para Luis Cantero, da libraría madrileña Lorca Libros, que leva 15 anos participando na Feira do libro antigo e de ocasión da Coruña, agora mesmo "os dous días que levamos se fora así toda a feira, esta sería a mellor feira de España".

Este ano a feira da Coruña prolongarase ata o 4 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade