Cargando resultados...
Advirten da falsa sensación de seguridade que ofrecen os tests de antíxenos
O persoal farmacéutico lembra que non é unha PCR
G24.gal
02/01/2022 14:19
Unha das consecuencias da alta incidencia da covid nesta sexta vaga é a dificultade de topar tests de antíxenos nas farmacias, sobre todo, antes das tradicionais xuntanzas familiares.
Nalgunhas boticas aínda escasean pero agora é máis doado facerse cunha destas probas. Porén, o persoal farmacéutico advirte da falsa sensación de seguridade que poden ofrecer.
Para que o test dea positivo, o virus debe levar certo tempo no corpo. De feito, moitas veces é falso o resultado dunha proba de antíxenos feita demasiado axiña.
Por iso, consideran importante que a xente coñeza os riscos e actúe con responsabilidade cando teña sospeitas de ter contactado con algún caso positivo.
