Acordo pechado para a fichaxe de Gabri Veiga polo Porto
O club portugués pagará uns 15 millóns de euros e 4 en variables polo xogador porriñés que remata un ciclo de dous anos no Al Ahli Saudí

Semella cuestión de horas que o Porto anuncie de xeito oficial o regreso do porriñés Gabri Veiga ao fútbol europeo. O acordo entre o club portugués e o Al Ahli saudí está pechado. O Porto pagará uns 15 millóns de euros máis catro en variables. Veiga, que estivo as dúas últimas temporadas no equipo árabe, volve á elite futbolística europea con 23 anos.
Gabri Veiga, que estivo agardando polo acordo definitivo en Galicia, incorporarase á disciplina do Porto para xogar o Mundial de Clubs. Formado no Celta, tivo un impacto inmediato no primeiro equipo na temporada 22-23 cuns números sensacionais de partidos e goles que espertaron o interese dos grandes de Europa. Contra todo prognóstico marchou a Arabia Saudí por uns 30 millóns de euros. En dous anos marcou 12 goles e deu 10 asistencias en 66 partidos.