Cargando resultados...
Ábrese o prazo para solicitar as vacacións familiares nas residencias da Xunta
Este verán o programa oferta 2.760 prazas nas residencias do Carballiño e na de Panxón, en Nigrán

G24.gal
16/05/2023 11:21
Última actualización 16/05/2023 11:51
Este martes abriuse o prazo para a solicitude de vacacións familiares nas residencias de tempo libre da Xunta. Este verán o programa oferta 2.760 prazas nas residencias do Carballiño e na de Panxón, en Nigrán.
O prezo é de 37 euros por persoa e día en pensión completa, con descontos do 50 por cento para os menores de 12 anos e con prioridade para as familias monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista. O prazo para as solicitudes remata o 30 deste mes.