Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abren un expediente sancionador polas verteduras da cidade deportiva do Celta

Abren un expediente sancionador polas verteduras da cidade deportiva do Celta

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia o proceso sancionador tras a denuncia da organización Ecoloxistas en Acción

G24.gal 09/09/2024 11:40

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, xestora da conca fluvial, anunciou a apertura dun expediente sancionador contra o Celta de Vigo polas verteduras de augas residuais das súas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza en Mos, anunciou este luns Ecoloxistas en Acción.

A organización ecoloxista indica que presentou denuncias á Confederación Hidrográfica Miño-Sil por unha vertedura directa sen autorización administrativa previa de augas residuais procedentes das instalacións de depuración sobre augas pluviais e de ecorrentería no lugar de Pereiras.

A denuncia incluía como proba da contaminación os resultados dunha análise da vertedura que mostran unha altísima concentración de fecais e tamén de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes orgánicos habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol.

A entidade ecoloxista presentou tamén unha denuncia nos xulgados, e o de instrución 2 de Vigo xa notificou a apertura de dilixencias previas para investigar a presunta vertedura contaminante procedente de Afouteza.

Segundo explica Ecoloxistas en Acción nun comunicado, esta última instancia xudicial aprecia "posible delito contra os recursos naturais e o medio ambiente".

Agrega que o Concello de Mos recoñece xa que a tubaxe procedente das instalacións do Celta é un emisario do aliviadoiro dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais dos arroios e cando se enche, excede e alíviase a través da tubaxe que verte no monte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos