Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre a nova escola infantil de Ponteareas, "exemplo" para Rueda do apoio á conciliación

Abre a nova escola infantil de Ponteareas, "exemplo" para Rueda do apoio á conciliación

O centro dispón de seis aulas, sala de usos múltiples, espazo para lavandería, cociña, almacén, despachos, vestiario, e un patio exterior de 50 m2

G24.gal 13/05/2026 17:48 Última actualización 13/05/2026 19:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este mércores na inauguración oficial da nova escola infantil municipal do concello de Ponteareas, que empezou a funcionar o pasado 27 de abril. O xefe do Goberno galego dixo que este centro, con case 100 prazas, é un símbolo do apoio da Xunta á conciliación e ás familias.

A nova escola está nunha parcela de 2.000 metros cadrados en pleno núcleo urbano, concretamente no parque Ferro Ucha. O centro dispón de seis aulas modernas e luminosas, sala de usos múltiples, espazo para lavandería, cociña, almacén, despachos para educadores/as, vestiario, e un patio exterior de 50 m2.

Alfonso Rueda destacou que Galicia ten a taxa de escolarización máis alta de España na etapa 0-3, preto do 65%, situándose ao nivel de países como Suecia ou Dinamarca, grazas a que é “a única comunidade autónoma que a día de hoxe ten educación infantil absolutamente gratuíta”, sexan centros públicos, privados ou de iniciativa social.  A esta medida, que beneficia máis de 32.000 familias, a Xunta destina cada ano 68 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade