Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abel Caballero lánzase a bailar 'break dance' no Marisquiño

Abel Caballero lánzase a bailar 'break dance' no Marisquiño

Ante un público entregado reta o seu homólogo madrileño, Martínez Almeida, a competir no baile

G24.gal 14/08/2022 21:47

A Abel Caballero, polifacético alcalde de Vigo, xa o viramos en moitas actividades como cantar panxoliñas, tocando a guitarra, bailando algunha que outra vez, facendo de abreconcertos de grandes artistas na cidade, presentado a programación ante unha árbore de Nadal en spanglish ou cociñando.

Pero sempre busca algún reto para superarse. E nunha nova edición do festival de deportes e cultura urbana de Vigo o rexedor socialista lanzouse a bailar break dance. Os seus desenfadados movementos espertaron os aplausos e o sorriso dos presentes, moitos deles mozos.

E o resultado debeu de gustarlle porque o colgou nas súas redes sociais nun vídeo que inmortaliza o que xa é un simpático momento, outro máis, dun político que busca conectar en cada momento co público ante o que se presenta.

Hai que lembrar que Caballero vai cumprir 76 anos en setembro. Pois así, entre bromas co micro na man e cun público entregado lanzoulle o reto ao alcalde de Madrid, o popular Martínez Almeida: "Quero baterme co alcalde de Madrid nunha batalla de baile", visto que agora non sería politicamente correcto o precedente das luces de Nadal polo dectreto do Goberno sobre o aforro enerxético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade