Cargando resultados...
Abel Caballero anuncia que todas as peñas do Celta terán un local en Balaídos
Estivo canda Carlos Domínguez e Mingueza nunha xuntanza de peñas
G24.gal
19/09/2023 21:43
As peñas do Celta seguen a facer celebracións co gallo do Centenario. A unha desas xuntanzas acudiron os defensas do primeiro equipo Óscar Mingueza e Carlos Domínguez.
Tamén acudiu o alcalde da cidade olívica Abel Caballero. No seu discurso diante dun público entregado anunciou que todas as peñas do Celta van ter un local no estadio Municipal de Balaídos.