Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abanca gaña 427 millóns no primeiro semestre, un 3,7 % máis ca o ano pasado

Abanca gaña 427 millóns no primeiro semestre, un 3,7 % máis ca o ano pasado

O banco gañou 76.000 clientes neste semestre, un 12 % máis ca no mesmo período de 2024

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, acompañado por Fracisco Botas, conselleiro delegado, e Alberto de Francisco, director xeral de Finanzas da entidade. Foto: EFE / Lavandeira Jr. O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, acompañado por Fracisco Botas, conselleiro delegado, e Alberto de Francisco, director xeral de Finanzas da entidade. Foto: EFE / Lavandeira Jr.
G24.gal 28/07/2025 11:36

Abanca gañou 427 millóns de euros no primeiro semestre de 2025, o cal supón un 3,7 % máis que no mesmo período de 2024.

En conferencia de prensa en Santiago, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, destacou que a entidade está a lograr novamente o obxectivo de bater resultados estimados, unha tendencia que se confirma no segundo trimestre seguindo a tendencia do primeiro trimestre.

Escotet destacou unha rendibilidade do 14,6 %, polo que Abanca é dos poucos bancos que está a lograr mellorar a marxe básica (6,9 %) a pesar da diminución do tipo de interese.

O banco gañou 76.000 clientes neste semestre, un 12 % máis que no mesmo período de 2024.

A entidade eleva o seu volume de negocio por encima dos 134.000 millóns de euros, con crecemento en todos os territorios e segmentos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade