Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recibe 10 ofertas para o tramo da autovía Tui-A Guarda, entre Areas e a PO-350

A Xunta recibe 10 ofertas para o tramo da autovía Tui-A Guarda, entre Areas e a PO-350

Contará cun investimento de 17,8 millóns de euros, e as obras comezarán previsiblemente a mediados deste ano

G24.gal 15/02/2025 17:04

A Xunta recibiu 10 ofertas para realizar o novo tramo da autovía Tui-A Guarda, que conectará o enlace de Areas coa PO-350, cun investimento de 17,8 millóns de euros.

Segundo informou o Executivo galego nun comunicado, as obras comezarán previsiblemente a mediados deste ano 2025 e constarán dun prazo de execución de 24 meses.

O tramo unirá a ligazón do polígono de Areas en Tui coa estrada autonómica PO-350, xa en Tomiño, cunha lonxitude de case catro quilómetros.

O tramo contará con dúas calzadas separadas por sentidos de circulación cunha mediana de 2 metros. Cada unha das calzadas terá dous carrís de 3,5 metros de ancho, e disporá de amplas beiravías tanto exterior como interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos