Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prevé presentar o plan director do sector forestal a principios do verán

A Xunta prevé presentar o plan director do sector forestal a principios do verán

Con 2.500 millóns de facturación e 20.000 empregos, o sector representa o 1,8 % do PIB

G24.gal 29/05/2026 15:05

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou este luns que o Goberno galego prevé presentar antes de que remate xuño o plan director do sector forestal. Díxoo no acto de celebración do 25 aniversario del Clúster da Madeira e Deseño de Galicia.

Durante esta conmemoración a industria destacou o salto que deron dende que se asociaron hai un cuarto de século, no que vimos, dixo, como pequenos obradoiros de carpintería pasaron a equipar tendas de Inditex, iates ou hoteis de todo o mundo. Con 2.500 millóns de facturación e 20.000 empregos, o sector representa o 1,8% do PIB; unha industria estratéxica, sobre todo, no rural.

Na súa intervención, o presidente da Xunta salientou tamén a capacidade do forestal para fixar poboación no rural, xa que representa o 50 % do emprego industrial dos pequenos municipio. Alfonso Rueda tamén lembrou o compromiso do seu Goberno de que o 20 % das novas edificacións públicas empreguen madeira na súa estrutura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade