Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prevé construír en Ourense o centro galego de ciberseguridade

A Xunta prevé construír en Ourense o centro galego de ciberseguridade

O Consello celebrouse hoxe na cidade das Burgas

G24.gal 03/03/2022 14:46

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo reiterou hoxe o compromiso do seu Goberno con Ourense, tras celebrar o Consello da Xunta na cidade. A reunión estivo centrada nos investimentos que está facendo a Xunta en Ourense, como o novo servizo de medicina nuclear para o hospital, a ampliación do solo empresarial no parque tecnolóxico ou a reforma do estadio do Couto.

O presidente tamén anunciou que van convocar un concurso de ideas para a nova sede da Xunta na cidade que construirá no barrio das Lagoas e adiantou que prevén facer en Ourense o centro de ciberseguridade de Galicia.

"O obxectivo (dese centro) é fortalecer a seguridade da administración pública, das empresas e da cidadanía e fomentar a innovación nesta materia. Este ano comezarán as obras deste centro de ciberseguridade, cun investimento de 3,5 millóns de euros, e a pretensión da Xunta é que se constrúa en Ourense, concretamente no parque empresarial de Tecnópole", explicou o presidente.

Feijóo lembrou que os investimentos que está facendo a Xunta en materia de ciberseguridade suman preto de 18 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar