Cargando resultados...
A Xunta licita a estación intermodal da Coruña: 40 millóns e inicio de obras en outubro
A terminal de autobuses terá 20 dársenas e 325 prazas nun aparcadoiro soterrado
Ethel Vázquez destacou que a intermodal será un proxecto transformador para a Coruña
G24.gal
04/04/2022 14:53
As obras da nova estación intermodal da Coruña comezarán en outubro e durarán 29 meses. A Xunta xa sacou a licitación un proxecto que, como explicaba a conselleira de Infraestruturas, vai supoñer un investimento de case 40 millóns de euros.
A terminal de autobuses terá 20 dársenas e 325 prazas nun aparcadoiro soterrado. Ethel Vázquez dixo que se trata dun proxecto transformador para facer A Coruña máis competitiva.