Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta estuda a vacinación coa terceira dose por baixo dos 60 anos, e vacinar os menores de 11

A Xunta estuda a vacinación coa terceira dose por baixo dos 60 anos, e vacinar os menores de 11

Saúde Pública apela ao "sentidiño dos galegos" para manter a covid baixo control

Preocupan as pontes e o Nadal pola relaxación das medidas preventivas

G24.gal 13/11/2021 10:17

A directora de Saúde Pública da Xunta, Carme Durán, destacou este sábado nunha entrevista no programa Bos días da TVG que Sanidade analiza a situación da pandemia en Galicia ante o incremento do 5 % diario dos positivos. Esta cifra supón un cambio na tendencia que se viña mantendo de diminución nas últimas semanas.

Iso si, destacou Carme Durán que Galicia está en risco baixo cuns 25 casos por cada 10.000 habitantes, o que é a metade da incidencia do resto de España. Tamén apunta que temos a maior taxa de vacinación en España e gabou a responsabilidade dos galegos.

Apelou a "manter o sentidiño" neste momentos e a vixilancia para que a situación se manteña baixo control.

Expuxo que o 100 por cento da poboación aínda non está vacinada, polo que instou a manter as medidas sanitarias de prevención como a máscara en interiores ou cando non sexa posible a distancia interpersoal, como nas aglomeracións, para evitar unha repunta da pandemia.

A Xunta segue coa vacinación dos maiores de 80, aos que tamén se lles pon a da gripe como ás persoas de risco, e o 19 de novembro comeza a vacinación daqueles de 70 a 79 anos, nos cárceres e para os que lles puxeron a de Janssen.

Agora está sobre a mesa a expensas do que decida a interterritorial de Sanidade ou a EMA, ampliar o rango de idade da terceira dose para as persoas de máis de 65 anos, por baixo dos 60 ou como pediu Pfizer mesmo xa vacinar aos menores de 11 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos