Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará dez millóns nos próximos catro anos a aplicar a IA na educación

A Xunta destinará dez millóns nos próximos catro anos a aplicar a IA na educación

O proxecto Edualia utilizará os datos para mellorar o rendemento escolar, creará expedientes dixitais dos alumnos e un espazo único de comunicación

G24.gal 31/08/2023 15:12

A intención do Goberno galego é aplicar todas as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial no eido educativo. O proxecto Edualia, dotado con 10 millóns de euros, quere en primeiro lugar utilizar os datos para mellorar o rendemento escolar, deseñando itinerarios formativos personalizados.

Amais, creará un expediente dixital do alumno. "Non existe neste momento, o que se pretende é crear un expediente dixital único á maneira do sanitario. Vai incluír datos académicos, sobre escolarización, se ten necesidades educativas especiais, e mesmo da vida laboral nos centros de formación dual", explicou Alfonso Rueda.

O proxecto tamén contempla un espazo único de comunicación en educación, para acabar coas múltiples plataformas dos diferentes centros. O presidente da Xunta di que Galicia será pioneira na aplicación da innovación ao eido educativo. "É moi innovador, non se fixo noutra Comunidade Autónoma. Acudir á compra pública innovadora nos permitirá non comprar o que está no mercado, senón deseñar o que necesitamos".

O horizonte para a aplicación da intelixencia artificial na educación galega é de catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos