Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará 150 millóns de euros máis ao Servizo de Axuda no Fogar ata o 2028

A Xunta destinará 150 millóns de euros máis ao Servizo de Axuda no Fogar ata o 2028

Con esta sinatura acaban meses de negociación para dar resposta á demanda de moitos concellos, sobre todo os máis pequenos, sobre o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

Segundo o pactado, o Goberno galego pasará de aboar os 12 euros por hora actuais a 16 este mesmo ano, 17 o ano que vén e 18 no 2028

EFE/Lavandeira jr
G24.gal 05/02/2026 14:13

A Xunta vai inxectar 150 millóns de euros adicionais ata o 2028 ao Servizo de Axuda no Fogar. Así o destacou o presidente, Alfonso Rueda, tras asinar este xoves co presidente da Fegamp, Alberto Varela, un acordo sobre o financiamento deste sistema de apoio á dependencia que beneficia en Galicia unhas 23.000 persoas.

Con esta sinatura acaban meses de negociación para dar resposta á demanda de moitos concellos, sobre todo os máis pequenos, sobre o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar. Segundo o pactado, o Goberno galego pasará de aboar os 12 euros por hora actuais a 16 este mesmo ano, 17 o ano que vén e 18 no 2028.

"Este acordo supón un alivio para as arcas dos concellos. É o mellor acordo que perseguía a Fegamp? Non, a Fegamp non renuncia a conseguir o que marca a Lei de Dependencia, que é conseguir que o 100 % sexa financiado por Xunta e Estado e o copagamento dos usuarios", dixo Alberto Varela.

Os presidentes da Xunta e da Fegamp destacaron a vontade de diálogo par chegar a este acordo entre administracións. Alfonso Rueda, que cualificou de importante o esforzo económico da Xunta, engadiu que "os concellos non terían que achegar nada probablemente se o Goberno cumprira coa súa parte de cubrir o 50 % dos custos do servizo, como marca a Lei de Dependencia".

A Xunta destina cada ano un 112 millóns de euros a este servizo. A esa contía sumará 150 millóns en tres anos para financiar a suba por hora progresiva que aplicará ata o 2028.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade