Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destinará doce millóns á compra de medicamentos personalizados para tratar linfomas

A Xunta destinará doce millóns á compra de medicamentos personalizados para tratar linfomas

Serán para pacientes que non responden a ningún tratamento ou teñen recaídas tras probar dúas terapias convencionais

G24.gal 20/05/2024 17:17

A Consellería de Sanidade vai destinar 12 millóns de euros á compra de medicamentos personalizados, os chamados CAR-T, para tratar linfomas. Serán para pacientes que non responden a ningún tratamento ou teñen recaídas tras probar dúas terapias convencionais.

O Sergas xa tratou tres doentes con este sistema (denominado Tecartus) indicado para linfomas de células de manto e prevé atender agora a dez cada ano con este tratamento. A día de hoxe só Galicia e o País Vasco ofrecen medicamentos CAR-T, que se fabrican a partir das propias células do paciente, para enfermos de linfoma.

Tras a reunión do Consello da Xunta deste luns, en que se aprobou a compra, o presidente Alfonso Rueda destacou a "aposta decidida" do Goberno galego por "ir á vangarda da loita contra o cancro". Rueda lembrou os programas de cribados que hai en marcha en Galicia e Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas, situado no Hospital Clínico de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar