A Xunta dá luz verde a Alcoa para ampliar a súa balsa de residuos da fábrica San Cibrao
A balsa ten actualmente un muro de contención duns 80 metros de altura e a autorización da Xunta permite elevalo ata 110 metros
Varias asociacións ecoloxistas denunciaron que a balsa situada xunto á fábrica de Alcoa contén lodos e materiais tóxicos e corrosivos

A Xunta aprobou a petición da multinacional estadounidense Alcoa de ampliar a súa "balsa de lodos vermellos" en que acumula residuos procedentes da actividade da fábrica de aluminio de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo.
A autorización da Consellería de Economía e Industria foi concedida en base a un informe de impacto ambiental "favorable" e permitirá á empresa "aumentar a súa capacidade en catro metros máis".
Apunta que ese aumento da capacidade é "fundamental para asegurar a viabilidade futura da planta" e afirma que é "clave" para que poida "dispoñer dunha infraestrutura onde depositar os residuos xerados durante o procedemento industrial para producir alumina.
A balsa ten actualmente un muro de contención duns 80 metros de altura e a autorización da Xunta permite elevalo ata 110 metros.
Varias asociacións ecoloxistas denunciaron que a balsa situada xunto á fábrica de Alcoa, de 87 hectáreas de superficie e 42 hectómetros cúbicos de capacidade, contén lodos e materiais tóxicos e corrosivos, polo que reclaman o seu desmantelamento e un proceso de descontaminación da zona.