A Xunta confía en que a campaña da terceira dose sexa un éxito
A consellería de Sanidade prevé inmunizar ás persoas de entre 70 e 79 anos ata o día 30
Os centros de vacinación masiva contra a Covid-19 reabriron este venres para administrarlles a terceira dose ás persoas de entre 70 e 79 anos. De forma paralela, os que recibiron a vacina de Janssen serán citados a partir da semana que vén para aplicarlles unha dose adicional.
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confía en que os cidadáns acudan a vacinarse masivamente, como coas primeiras doses. Ademais, Durán anima a inmunizarse ás persoas que aínda non o fixeron e salienta que o beneficio será para elas e para toda a sociedade. Estas persoas poderán presentarse sen cita previa nos centros de vacinación masiva.
