Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta avanza no compromiso de duplicar o parque de vivendas públicas

A Xunta avanza no compromiso de duplicar o parque de vivendas públicas

O obxectivo do Goberno galego é chegar a un total de 8.000 esta lexislatura, delas 3.000 están xa en construción

G24.gal 07/11/2025 10:05 Última actualización 07/11/2025 14:54

Galicia avanza no obxectivo de duplicar o parque de vivendas públicas esta lexislatura. O compromiso da Xunta é chegar ás 8.000 e o Goberno galego asegura que 3.000 están xa en construción agora mesmo.  

O presidente Alfonso Rueda visitou un dos bloques que se están levantando en Santiago de Compostela.

Rueda dixo que a vivenda é un dereito de todos os cidadáns. "Un compromiso que estamos estendendo por toda Galicia porque prometemos pasar das 4 mil vivendas actuais ás 8.000 e estámolo cumprindo. Porque o acceso á vivenda é un dereito, nunca é un luxo", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar