Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta anuncia un plan para a conserva ata o 2030

A Xunta anuncia un plan para a conserva ata o 2030

Feijóo pídelle ao Goberno diálogo co sector antes de modificar a Lei de costas

G24.gal 12/01/2022 14:39

A Xunta está preparando un plan estratéxico para o sector da conserva para o que resta de década. Anunciouno o presidente Alberto Núñez Feijóo durante unha visita este mércores ás novas instalacións da conserveira Calvo en que a empresa investiu 30 millóns de euros para producir o novo envase para as latas de atún de "envorca fácil".

Nese acto, Feijóo expresou tamén a súa preocupación polo regulamento que desenvolve a lei de Costas, que, segundo explicou, pretende que non haxa concesións no litoral de máis de 75 anos; e pediulle ao Goberno central que dialogue co sector antes de modificar a norma.

"Pedimos que o Goberno nos concrete que quere facer e que calquera modificación que afecta á conserva ten que estar pactada coa conserva. Pedimos que impere o sentido común. Xa temos bastantes problemas na industia electrointensiva, na forestal ou na térmica como para ter agora problemas na industria do mar", dixo o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar