A Xunta anuncia novas axudas para entidades do ámbito da discapacidade
A conselleira de Política Social visita Aceesca, no Porriño que vai construír un novo centro residencial con 48 prazas
A Xunta reafirma o apoio ás entidades que actúan no ámbito da discapacidade e anuncia unha nova liña de axudas para a construción e remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros.
A conselleira de Política Social, Fabiola García visitou esta mañá a asociación Aceesca no Porriño, que traballa con persoas con diversidade intelectual e que vai ser unha das dez entidades que se beneficien desta nova orde de axudas. Cos dous millóns que vai recibir, Aceesca creará un novo centro residencial de 48 prazas.
Fabiola García tamén informou que 80 entidades poderán optar ás achegas de 3,6 millóns de euros para a adquisición de vehículos adaptados.